Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Acedías en zume de caldeirada cítrica e algas lixeiramente escabechadas

 

Elaboración:

Primeiro limpamos e retiramos as espiñas dos lombos de acedía, poñémolas en salmoira 3 minutos e logo envasamos. Cocémola a 55 graos durante 7 minutos. Reservámolo.

Para facer os caldos base, partiremos dun rustrido de cebola e porro con todos os produtos coa mesma cantidade de auga e poñémolo a cocer durante 40 minutos. Sofriximos o allo coa cebola e a continuación engadimos os caldos e poñémolos a cocer durante 10 ou 15 minutos máis. Por último, engadimos as herbas e deixámolas infusionar durante 15 minutos.

Fervemos o escabeche e deixamos infusionar as algas durante 2 minutos.

Cocemos patacas novas a modo cachelos.

Montaxe:

Marcamos o peixe na tixola e despois dispoñemos o zume de caldeirada coma se fose unha sopa ao mesmo tempo que engadimos as algas e os cachelos. Listo para gozar!

ingredientes (4 pers.)

Acedías en jugo de caldeirada cítrica e algas lixeiramente escabechadas

 

  • 4 acedías
  • 200 gr de caldo base de peixe
  • 200 gr de caldo base de marisco
  • 100 gr de caldo base de mexillón
  • Cebola
  • Allo
  • Porro
  • Xenxibre
  • Herba de limón
  • Folla de limoeiro
  • Ceboliño
  • Algas: Mastocorpus, Pistilata, Leituga de mar, Codium
  • Escabeche: 600 gr de auga, 60 gr de azucre, 40 gr de vinagre de arroz

<< retorno