Gastronomia de Galicia 

Potes ao lume: "lacón con grelos´

Elaboración

1º O lacón.
O primeiro é desalgar o lacón; o facemos introducíndoo en abundante auga fría durante 24 horas, cambiando dúas veces a auga.
Cocemos o lacón en en seis litros de auga co unto ata que este tenro, e o reservamos para máis adiante.

2º Os grelos.
Escaldamos os grelos en abundante auga cun chisco de sal durante uns dez segundos. Despois os escorremos, arrefriamos rapidamente, volvemos a escorrer e os secamos con coidado para non rompelos, seleccionando e reservando uns 12 brotes tenros.
Tras prequecer o forno a 200 ºC, queimamos por completo o resto dos grelos e os cocemos no caldo do lacón durante 15 minutos a lume suave. Despois, o filtramos e o reservamos.

3º Rematado.
Cortamos o lacón en catro porcións de 100 gr e doce dados de graxa. O exceso de graxa reservarémolo para outras elaboracións.
No centro dun prato dispoñemos a porción de lacón e situamos a graxa e os grelos ao redor. Servímolo todo moi quente.

Sazonamos coa sal afumada e á mesa!

ingredientes (4 pers.)

Potes ao lume: `lacón con grelos`

 

  • 800 gr de lacón curado da parte máis graxa
  • 100 gr de unto
  • 300 gr de caldo suave de lacón
  • 300 gr de grelos
  • Sal afumado 

relacionados

<< retorno