Gastronomia de Galicia 

Pementos recheos de grelos e gambas ao forno

Elaboración

Tras lavar ben os pementos, os cortamos lonxitudinalmente e lles quitamos as pebidas. Os pementos van ser os nosos recipientes para esta saborosa receita, así que tratádeos con coidado! Tras prequecer o forno a 200 grados, colocamos os pementos na bandexa cun pouco de aceite e os deixamos asando durante 20 minutos.

Mentres, preparamos o recheo. Nunha tixola cun pouco de aceite, pochamos a cebola e os dentes de allo ben picados. Ademais, poñemos a ferver un minuto os grelos, para logo picalos en anaquiños e incorporalos á tixola unha vez teñamos a cebola e o allo pochado. Cando se evapore a auga que soltarán os grelos será o momento de incorporar as gambas peladas, o sal e a pementa, e de refogar durante dous minutos.  

Cando teñamos os pementos asados, deixámolos arrefriar un pouco para poder manipulalos ben e imos introducindo o recheo. Despois, os bañamos coa nata líquida e cascamos un ovo enriba de todo, cun chisco de sal.

Agora só queda volver meter os pementos xa recheos no forno de novo, programalo en posición grella e deixalos durante uns cinco minutos, ou ata que vexades que o ovo está feito ao voso gusto.

E xa o temos listo para gozar dos grelos doutro xeito! Pero hai centos de combinacións, animádevos a innovar e a incorporar os grelos de Galicia a todo tipo de pratos e receitas!

ingredientes (4 pers.)

Pementos recheos de grelos e gambas ao forno

 

  • 2 pementos vermellos grandes
  • Grelos
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 300 gr de gambas peladas
  • 200 ml de nata líquida
  • 4 ovos
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa 

relacionados

<< retorno