Gastronomia de Galicia 

Capón á vilalbesa

Elaboración


Limpamos coidadosamente o capón, e pinchamos cunha agulla toda a pel para que deste modo, durante o asado, o capón poida ir eliminando a graxa. Metemos o pescozo do capón pola apertura da parte dianteira, e cosémolo para asegurarnos de que quede así durante a elaboración da receita.
 
Por un lado, quentamos aceite nunha tixola, sen que chegue a ferver.
 
Por outro lado, nunha pota, poñemos a ensulla do capón, e sobre ela, o capón. Se as patas vos molestan ou non vos caben na pota, podedes atalas. Na mesma pota, engadimos a cebola enteira e o allo enteiro e sen pelar.
 
Cando teñamos o aceite da tixola quente, vertémola sobre o capón na pota e metémola destapada no forno, a temperatura suave, entre 3 e 4 horas, dependendo do tamaño do capón. De cando en vez hai que darlle a volta, podedes aproveitar a apertura do capón para facelo con facilidade.
 
Cando teñamos o capón asado e ben douradiño, sacámoslle o aceite, a cebola e o allo, e botámoslle por enriba unha copa de coñac. Despois, poñémoslle a tapa á pota e deixámolo no forno outros 5 minutos.
 
Se ao capón lle engadimos unhas patacas panadeira, con algunhas verduras de gornición, moito mellor!
 
A gozala! Felices Festas!

ingredientes (10 pax.)

Capón á vilalbesa

  • 1 capón e ensulla
  • 1 cebola pequena
  • 1 copa de coñac
  • 1 cuarteirón de sal
  • 1 allo pequeno enteiro

relacionados

<< retorno