Gastronomia de Galicia 

Croquetas de champiñóns

Elaboración

Cortamos en anaquiños pequenos media cebola e un allo, e poñémolos nunha tixola cun pouco de aceite xunto cos champiñóns. Deixamos que se faga o rustrido e cando estea listo pasámolo polo batedor ata que obteñamos unha pasta espesa.

Picamos os ovos duros, o allo, o xamón cocido e a media cebola en anaquiños, e deixámolos a man nunha cunca.

Facemos a salsa bechamel nunha tixola con 2 culleradas de manteiga e un pouco de aceite, e incorporamos o contido da cunca. Tras un par de minutos, engadimos a pasta de champiñóns e revolvemos para mesturar ben todos os ingredientes. Unha vez mesturados, incorporamos leite e fariña para facer o bechamel.

Incorporamos sal e pementa moscada a gusto, e vertemos o contido nunha fonte para que se arrefríe e se solidifique a pasta.

Cando estea fría, facemos as croquetas, pasámolas polo pan relado e poñémolas na tixola con abundante aceite quente. Uns minutos ao lume e listo! Bon appétit!

Ingredientes (para 4 pers.)


  • 500 gr de champiñóns
  • 2 culleradas de manteiga
  • 40 gr de xamón cocido
  • 1 vaso de leite
  • 2 ovos cocidos
  • Pan relado
  • Fariña
  • Aceite de oliva virxe extra
  • 1 cebola
  • 2 allos
  • Sal
  • Pementa

<< retorno