Gastronomia de Galicia 

Sobremesa Especial: "Outono" con Cogomelos e Castañas

Elaboración

  • O cremoso de chocolate:

En thermomix quentar os líquidos co azucre a 85º, 8 ´, velocidade 5. Incorporar a cobertura, turbinar forte e arrefriar.    

  • Streuzel de café:

Mesturar os ingredientes e conxelar, relar e enfornar a 150º ata dourar.

  • Streuzel:

Mesturar os ingredientes e conxelar, relar e enfornar a 150º ata dourar.

  • O Cremoso de castaña:

Asar as castañas ao forno, pelar e cocer en auga lixeiramente adozada cun pouco de fiuncho, escorrer e triturar cunha proporción de nata do 20%, coar e reservar.

  • Envoltura de trufa:

Triturar as trompetas dos mortos ata obter un po fino, mesturar co cacao e reservar.

  • Cogomelos acaramelados:

Limpar coidadosamente os cogomelos, facer un xarope ao 30% e branquexar os cogomelos durante 2 minuto se o, escorrer e secar.

  • Fiuncho:

Pasar as ramas de fiuncho polo xarope e despois polo azucre glass, secar e reservar.

  • Ademais...

Formar unha quenelle informal co cremoso de chocolate e rebozar no po de cacao-cogomelo, sobre o prato debuxar un centro de crema de castaña, e espolvorear a castaña seca, o grue, os dous streuzel, repartir sobre este uns cogomelos acaramelados e unhas follas de tahón, poñer no centro a trufa rebozada e rematar co fiuncho acaramelado. ¡Á mesa!

Ingredientes (para 4 pers.)

  • O cremoso de chocolate:

250 gr de nata.
200 gr de leite.
25 gr de azucre.
50 gr de xema.
240 gr cobertura 70% cacao.

  • Streuzel de café:

35 gr de manteiga.
35 gr de azucre moreno.
35 gr de améndoa en po.
0.25 gr de sal.
30 gr de fariña.
10 gr de café en po.

  • Streuzel:

35 gr de manteiga.
35 gr de azucre moreno.
35 gr de améndoa en po.
0.25 gr de sal.
35 gr de fariña.

  • O Cremoso de castaña:

75 gr de castaña.
Fiuncho, auga e azucre.
Nata.

  • Envoltura de trufa:

20 gr de cacao.
20 gr de trompetas dos mortos secas.

  • Cogomelos acaramelados:

25 gr de chantarellas.
Azucre e auga.

  • Fiuncho:

Un mangado de fiuncho.
Azucre glass.
Xarope TPT

  • Ademais...

Follas de xerminados Tahón.
Grue de cacao.
Castaña seca relada.

relacionados

<< retorno