Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Sopa de Peixe e Mariscos

Elaboración (para 4 persoas):

Nunha tarteira con aceite frítese a cebola; cando estea transparente, incorpóranse o porro, o allo, a cenoria, o loureiro e o azafrán en febras e déixase rustrir todo. A continuación, engádeselle o fumet. No primeiro fervor agregamos o peixe e os mariscos e deixámolos fervendo uns minutos; retiramos os mariscos e o peixe, limpámolos e reservámolos. Despois, bótaselle á sopa o pan fritido e pasámolo todo pola Turmix. Coamos o caldo, pasámolo a unha pota, ponse a ferver e engadímoslle sal.


Presentación:

Nun prato fondo poñemos os anacos de peixe e os mariscos e botámoslle o caldo; podémolo decorar cuns anacos de pan brioche fritidos.

 

ingredientes

Sopa de Peixe e Mariscos

 

  • 75 g de aceite de oliva
  • 200 g de peixe
  • 200 g de marisco
  • 1 cenoria
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 porro
  • loureiro
  • azafrán
  • fumet de peixe
  • 100 g de pan

relacionados

<< retorno