Gastronomia de Galicia 

Lombos de venado con uvas e castañas

Elaboración


Introducir nunha fonte os recortes de venado e o lombo; así como, as verduras da marinada cortadas en dados, o viño e o resto dos ingredientes da marinada, deixándoo en maceración oito horas.

Retirar o lombo de venado e reservalo. Coar a marinada e sofreíla nunha pota con aceite ata que estea dourada. Nese momento, agregar a fariña e a continuación o viño da marinada.

Deixar ferver ata que reduza. Agregar o caldo de ave e ferver de novo ata que tome consistencia. Coar e reservar. Cortar o lombo de venado en 4 porcións, salpimentar e saltealos nunha tixola cun pouco de aceite a lume vivo.

Unha vez salteado o venado, reservalo preto da calor. Retirar a graxa da tixola e saltear os cogomelos lavados nela. Agregar uvas peladas e as castañas con 3 cucharadas do seu propio almíbar. Incorporar a salsa, deixar ferver e reservar.

 

Fonte: Sabores de Galicia 
 

ingredientes

Lombos de venado con uvas e castañas

 

 

  • 500 ml de caldo de ave
  • 1 bote de castañas en almibar
  • 2 cucharadas rasas de fariña
  • 100 gr de cogomelos
  • 200 gr de uvas
  • 1 lombo de venado de 800 gr aproximadamente

Marinado

  • 3 dentes de allo
  • 1 rama de apio
  • canela
  • 200 ml de brandy
  • 1 cebola
  • 8 cravos de cheiro
  • 1 folla de loureiro
  • uns grans de pementa negra
  • 1 allo porro
  • 1 poliña de tomiño
  • 1 l de viño tinto
  • 1 cenoria

<< retorno