Gastronomia de Galicia 

Mouse de queixo e mel á augardente

 

Elaboración


Tortiñas:

Mesturar ovo, azucre, sal, fariña barutada co lévedo e, pouco a pouco, incorporar o leite. Mesturar a manteiga fundida. Tapar cun pano e deixar repousar. Cociñar as tortiñas sobre a prancha.

Crema:
 
Hidratar a xelatina en auga fría durante 10 minutos. Cortar o Queixo Arzúa-Ulloa en anacos. Engadir o leite quente e pasar pola termomix, ata obter unha pasta cremosa. Mesturar o resto do queixo e reservar. Levantar as xemas ao baño maría con 25 g de azucre, ata que faga cordón. Engadir a xelatina remollada. Remover e, cando perda a calor, engadir a augardente e o recheo de queixo. Semi-montar a tona con 25 g de azucre. Xuntar ata que quede unha crema homoxénea.

Crocante:
 
Caramelizar lixeiramente o azucre cunhas gotas de limón. Incorporar as améndoas. Verter sobre unha mesa de mármore untada de aceite e, cando arrefríe, estirar co rodo, cortar da forma desexada e formar as pezas.

Presentación:
 
Dispoñer un aro sobre a tortiña, encher coa crema de queixo, por capas, intercalar o mel. Poñer ao frío ata que calle. Desmoldar, colocar os cacahuetes picados enriba e pintar a pistola con chocolate negro. Adornar con crocante, guindas vermellas e follas de menta.
 

ingredientes

Mouse de queixo e mel á augardente

Crema:

  • 120 g Queixo Arzúa-Ulloa
  • 70 ml leite
  • 40 g queixo crema
  • 50 g azucre
  • 125 ml tona
  • 2 xemas
  • 5 g xelatina en follas
  • 5 ml augardente
  • Mel de Galicia U/P
  • 60 g cacahuetes pelados


Tortiñas:

  • 60 ml leite
  • 15 g azucre
  • 1 ovo
  • 60 g fariña
  • 6 g lévedo en po
  • 15 g manteiga
  • sal U/P.


Crocante:

  • 120 g azucre
  • 80 g améndoa picada
  • 5 gotas limón


Decoración:

  • 60 g cobertura negra
  • 40 g manteiga de cacao
  • 3 guindas vermellas
  • 3 ramas menta fresca

relacionados

<< retorno