Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Polbo á feira

 

Lávase o polbo en auga fría e ponse ó lume nunha pota de cobre con auga; cando rompa a ferver, cóllese o polbo e métese e sácase da auga tres veces. Déixase cocer o polbo durante uns vinte minutos e, a continuación, retirámolo do lume e deixámolo repousar cinco minutos. De seguido, sácase da auga e córtase en anacos finos cunha tesoira. Ó servilo, ponse nuns pratos de madeira  condimentándoo por esta orde: sal, pemento en po e aceite.

 

Prato de autor, xentileza do Restaurante Casa Vilas

ingredientes (4 pers.)

Polbo á feira

 

  • 2 kg de polbo
  • 100 g de pemento en po picante
  • 100 g de sal semigordo
  • aceite

relacionados

<< retorno