Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Polbo á prancha con crema de coliflor e salsa á galega

Cocemos o polbo con auga; cando estea cocido, sacámolo da auga e estirámolo. Cortámoslle os rabos ó longo e marcámolo na prancha. Reservamos. Por outro lado, limpamos a coliflor e poñémola a cocer cunhas patacas; cando estea cocida, pasámola pola Turmix ata que quede puré. En aceite de oliva douramos allo; unha vez que estea case dourado, retirámolo do lume e engadímoslle o pemento en po doce. Deixámolo repousar e decantamos.

Poñemos unha cama de puré de coliflor, os rabos de polbo por riba e bañamos cunha pouca salsa á galega.

 

Prato de autor, xentileza do Restaurante Alberto

ingredientes

Polbo á prancha con crema de coliflor e salsa á galega

 

  • 1 kg de polbo
  • 200 g de coliflor
  • 100 g de pataca cocida
  • 200 g de pemento en po
  • 1 l de aceite
  • 1 cabeza de allo
  • sal

relacionados

<< retorno