Gastronomia de Galicia 

Ensalada de bonito escabechado

Elaboración

 
Fritimos un pouco o bonito enfariñado por ambos os lados. De seguido, poñemos a fritir nunha tarteira o aceite de oliva cos cinco dentes de allo e deixamos arrefriar. Unha vez frío, incorporamos o pemento, o vinagre, a folla de loureiro e o bonito.
 
Poñemos outra vez ó lume para que ferva durante dez minutos e deixamos macerar na neveira durante vinte e catro horas. Sérvese acompañado de cebola en xuliana e pementos encarnados asados.
 
 
Prato de autor, xentileza do Restaurante La Viuda
(Libro " Amigos da cociña Galega")

ingredientes

Ensalada de bonito escabechado

 

  • bonito fresco
  • pemento en po
  • sal
  • aceite de oliva
  • vinagre
  • 5 dentes de allo
  • ourego
  • loureiro

 

<< retorno