Gastronomia de Galicia 

Sardiñas con pan e tomate

Elaboración

  • O tomate

Branqueamos e pelamos os tomates, facemos cuartos e retiramos as pebidas. Introducimos todo en bolsas de baleiro e cocemos a 85º durante vintecinco minutos. Reservamos.

  • O pan

Coa axuda dun rolo estiramos a masa de pan o máis fina posible, tipo follas, enfornamos e reservamos.

  • Sardiñas

Escámanse e filetéanse as sardiñas.

Acabado e presentación

Poñemos as sardiñas sobre a prancha dez segundos e terminámolas baixo a gratinadora; deben quedar moi celmosas. Temperamos o tomate e dispoñemos en capas a sardiña, o tomate e o pan, intercalando unhas follas de alfabaca. Rematamos cun chorro de aceite.

Prato de autor, xentileza do restaurante Solla (Amigos da Cociña Galega) 

ingredientes

Sardiñas con pan e tomate

      

Para 4 persoas:

O tomate

  • 2 tomates maduros
  • aceite
  • tomiño, allo
  • pementa e sal

O pan

  • Masa de pan

Sardiñas

  • 12 sardiñas moi frescas

Ademais

  • Follas de alfabaca
  • Aceite de oliva virxe

relacionados

<< retorno