Gastronomia de Galicia 

Ensalada de xoubas e mexillóns de Galicia aos dous escabeches

Elaboración

Escabechados: Preparamos dous escabechados pochando en aceite a cebola cortada en forma groseira, a cenoria en tiras (esta só nun dos dous), a pementa, o tomiño e o vinagre. Cando estean feitos agregamos o pemento na que non ten cenoria.
As xoubas e os mexillóns: Limpamos de escamas e tripas as xoubas con coidado de non as romper e introducímolas no escabeche branco mentres este está aínda quente. Abrimos ao vapor os mexillóns, desbarbados, e introducímolos no escabeche vermello cando este xa está frío.

Presentación

Enrolamos 2 mexillóns en cada xouba e montámola sobre un costrón de pan, formamos pequenos montóns de ensalada que aliñamos co escabeche branco, repartimos os montaditos de xouba e mexillón e aliñámolos co escabeche vermello.

ingredientes

Para 8 persoas:

  • 16 xoubas
  • 32 mexillóns
  • 1 l. de aceite
  • 4 mangados de ensalada de tempada
  • 1/2 l. de vinagre de sidra
  • 2 cebolas medianas
  • 1 cenoria pequena
  • 1 cullerada de pemento
  • pementa en gran
  • tomiño en rama
  • 16 costrones de pan frito

 

relacionados

<< retorno