Gastronomia de Galicia 

Sanmartiño recheo de BOLETUS EDULIS

Elaboración

Collemos os filetes por separado, salgámolos e poñémoslles por riba unha lámina de boletus e un anaco de queixo; logo, dobramos o filete e rebozámolo.

Mentres está a refogar a cebola, engadímoslle á salsa verde as dúas láminas de boletus que nos sobran e pasámola por un coadoiro chinés para suavizala o máis posible.

Metemos os filetes xa recheos a gratinar no forno coa salsa uns dez minutos.

 

Prato de autor, xentileza do restaurante Germán (Amigos da Cociña Galega) 

ingredientes

Sanmartiño recheo de BOLETUS EDULIS

 

  • 4 filetes de sanmartiño de 1 kg
  • 6 láminas de boletus
  • 4 anacos pequenos de queixo de fundir
  • 500 ml de salsa verde

<< retorno