Gastronomia de Galicia 

Polo da casa con fideos

Preparación:

Cortamos o polo en anaquiños, salgámolo e botámolo a fritir en aceite de oliva co allo e mais o pirixel. Cando estea dourado, incorporámoslle o porro picadiño, unha folla de loureiro, un chorriño de viño branco e un pouco caldo limpo. Deixamos cocer a lume moi baixo durante hora e media máis ou menos e, mentres, ímoslle incorporando un pouco caldo limpo para que non seque.

Cando estea case listo, botámoslle os fideos e deixamos a ferver durante dez minutos

 

xentileza do restaurante A Viuda (Amigos da Cociña Galega)

ingredientes

Polo da casa con fideos

 

  • 1 polo da casa
  • 200 g de fideos
  • 1 folla de loureiro
  • caldo limpo
  • 2 porros
  • aceite de oliva
  • viño branco
  • sal
  • allo e pirixel

<< retorno