Gastronomia de Galicia 

Flan de queixo do Cebreiro

Elaboración 

Pór o azucre nunha pota cunhas pingas de auga e polo ao lume ata que se faga caramelo. Bañar o fondo e as paredes de catro moldes individuais co caramelo. Bater os ovos co azucre e engadir o queixo e a nata. Mesturar todo moi ben e pór o preparado nos moldes. Cocer no forno ao baño maría durante dez minutos ata que ao cravar no medio cunha agulla esta saia limpa. Desmoldear en frío e adornar con froitas e menta fresca.

Salsa: Machucar as framboesas con zume de limón e azucre para pasar todo por un coador.

 

Fuente Consello Regulador DOP Cebreiro

ingredientes (4 pers.)

Flan de queixo do Cebreiro

 

  • 75 gramos de queixo do Cebreiro
  • 2 culleradas de azucre
  • 2 ovos
  • 1/4 de nata líquida
  • catro culleradas de azucre para facer o caramelo.

Salsa
  • 150 gramos de framboesas
  • zume de medio limón
  • dúas culleradas de azucre

<< retorno