Gastronomia de Galicia 

Lombo de Pescada con Gambas e Ameixas

Elaboración (para 4 persoas):

Limpamos a pescada, escámase ben, lávase e córtase en lombos, sazonándoa. Logo, reservámola á parte. Elaboramos o mollo picando o porro, a cebola e mais o allo, e rustrimos ata que estean brandiños, incorporando logo a fariña, a manteiga e o fumet de peixe. Sazonamos ó gusto, deixando cocer durante quince minutos. Coamos o mollo e botámolo nun recipiente para forno.

Introducimos a pescada co mollo, sen cubrir, e engadímoslle as ameixas, as gambas e os cogomelos. Enfornamos durante doce minutos, empratamos e servimos.

ingredientes

Lombo de Pescada con Gambas e Ameixas

 

  • 1.600 g de pescada
  • 200 g de ameixas
  • 200 g de gambas
  • 200 g de cogomelos

Para o mollo:

  • 3 dentes de allo
  • 2 porros
  • 1 cebola
  • manteiga
  • fumet de peixe
  • aceite
  • sal
  • 300 g de fariña

relacionados

<< retorno