Gastronomia de Galicia 

Sobremesas de Entroido - orellas

Elaboración

Poñemos todos os ingredientes nun recipiente e amasámolos durante aproximadamente 20 minutos, ata que a masa se despegue das paredes do recipiente. Deixamos repousar uns 15 minutos, estiramos a masa e cun molde oval cortámola.

Picamos cun garfo as orellas para que non inche a masa ao fritilas e a continuación fritímolas en aceite moi quente volta e volta. Quitámolas, escorremos e envolvemos en azucre.

Listas para comer!  

ingredientes

Sobremesas de Entroido - orellas

 

  • 80 gramos de manteiga
  • 80 ml de auga
  • 1 ovo
  • 400 gr de fariña
  • 1 culler pequena de sal
  • Aceite para fritir
  • Azucre  para envolver
  • Un groliño de anís
  • Raspadura de limón ao gusto.

<< retorno