Gastronomia de Galicia 

Pirámide de Trufa

A nata, o chocolate e o azucre poñémolos nun cazo a ferver. Despois deixámolo arrefriar durante doce horas. Cando estea ben frío, enchemos un molde con forma de pirámide e conxelámolo para poder desmoldealo.
 
Servímolo nun prato cunha chisca de chocolate quente por riba da pirámide e poñemos a decoración ó gusto.

ingredientes

 

  • 1 litro de nata 35%
  • 200 g de azucre
  • 220 g de chocolate, 64% de cacao

<< retorno