Gastronomia de Galicia 

Pescada á galega

Elaboración

Ponse unha tarteira con auga ó lume e bótanse as patacas en rodas xunto coas cebolas e o sal. Cando estean a medio cocer, agrégaselle a pescada, que ha estar dez minutos ó lume. Á parte, poñemos a quentar o aceite nunha tixola, fritimos os allos e, cando estean ben fritidos, bótaselles o pemento en po, retirando a tixola do lume para que non se queime.

Por último, escorremos a auga da pescada e das patacas e poñemos o rustrido de allo e pemento en po por riba.

ingredientes

 

  • 6 lombos de pescada
  • 1 kg de patacas
  • 1 cullerada de pemento en po doce
  • ¾ litro de aceite
  • 4 dentes de allo
  • 6 cebolas
  • 150 g de sal

relacionados

<< retorno