Gastronomia de Galicia 

Gastronomía do Mar

 

Tradicionalmente Galicia, con 1.300 quilómetros de costa e unha infinidade de portos pesqueiros, foi unha rexión virada cara ao mar e á pesca, unha das actividades principais dos seus habitantes.

As condicións da costa galega, que alterna os cantís máis altos de Europa continental coas augas plácidas das rías, únense á riqueza en nutrientes que atesoura o océano Atlántico nestas latitudes. Todo isto conformou un ecosistema único do que se nutren os mercados gastronómicos máis exquisitos.

A experiencia secular dos mariñeiros de Galicia permitiu tamén que as lonxas da Comunidade autónoma galega sexan as mellor fornecidas de especies de peixe de altura, como o atún, a pescada, o bacallau, o abadexo ou o saboroso xurelo, entre outros.

Estes peixes fóronse incorporando ás receitas gastronómicas galegas y deron nome universal aos produtos do mar. Quen non coñece e probou a pescada ou o bacallau á galega? E o polbo á feira?

O principal atractivo da cocina galega é a súa variedade, mais cun claro punto en común: un xeito de cociñar familiar e cariñoso, artesanal, pausado e abundante. Receitas sinxelas, para produtos de calidade suprema. Así é a cociña tradicional galega, na que o que realmente importa é a materia prima.

Un mesmo produto prepárase de múltiples xeitos e en cada lugar teñen un sabor distinto. A nova cociña galega non esqueceu o seu celme ao que incorporou grandes doses de creatividade ata conseguir pratos dun valor culinario amplamente recoñecido.

Máis de oitenta variedades de peixe de mar e media ducia de ríos, así coma un amplo abano de especies de mariscos (centola, lumbrigante, zamburiñas, ostras, camaróns, nécoras, mexillóns, percebes, longueiróns...) pódense saborear en restaurantes e tascas.

<< retorno