Gastronomia de Galicia 

Capón recheo bañado ao viño do porto

Elaboración


Abrir o Capón polas costas e desosar.
Facer un recheo coas carnes picadas, o ovo duro, as ameixas, noces e pexegos secos, ligar coas claras.
Salpementar o capón e reenchelo.
Coser e embridar.
Meter ao forno forte ata que estea dourado. (180ºC ). Baixar un pouco a temperatura e engadir o viño do porto.
Unha vez rematado o asado, desengraxar e desglasar as placas cun pouco de viño do porto e engadir o fondo escuro. Coar.
Arrefriar e cortar o capón en rebandas.
Botar a salsa unha vezrectificada.

Presentación

Acompañar con algún puré de pataca, mazá ou castañas.

Nota

Pódense poñer algunhas verduras cando está no forno.

ingredientes (10 pax.)


  • 1 ud Capón desosado
  • 2 dl Porto
  • c/s Sal e pementa
  • 5 dl Fondo escuro
  • 1 dl Aceite
  • 600 gr Carne de tenreira picada
  • 400 gr Carne de porco picada
  • 3 ud Ovo enteiro
  • 80 gr ameixa pasa
  • 80 gr noces
  • 80 gr "orejones"
  • 3 ud Claras de ovo

relacionados

<< retorno