Gastronomia de Galicia 

Filloas de crema frita

ELABORACIÓN DAS FILLOAS:

Mestúranse o leite, a fariña e a manteiga ata facer unha pasta homoxénea; ponse unha tixola ó lume e vanse fritindo coa mínima cantidade para que quedenmoi finas. Resérvanse.

ELABORACIÓN DA CREMA:

Nunha pota ponse a cocer o leite xunto coa canela e o limón. Noutrorecipiente, mestúranse as xemas e o azucre; despois, cóase o leite e engádeselle quente ás xemas. Para rematar, déixase que ferva.

ELABORACIÓN FINAL:

Énchense as filloas de crema e póñense afritir nunha tixola ata que se douren; de seguido, retíranse a un papelsecante, poñémolas nunha bandexa e salferímolas coa mestura de azucre e canela.

 

ingredientes (4 pers.)

Filloas de crema frita
  • ½ l de leite de vaca
  • ½ kg de fariña
  • 50 g de manteiga
  • azucre
  • canela
  • aceite de oliva

Ingredientes da crema

  • 50 g de fariña frouxa
  • 100 g de azucre
  • 6 xemas de ovo
  • canela
  • licor
  • relas de limón

festas

<< retorno