Gastronomia de Galicia 

Torrada de sobaos, sorbete de iogur, froitas vermellas e marmelada de amoras

Manipulación e elaboración

Para a Torrada
  • Mesturar os ingredientes da crema con batedor e posteriormente ir engadindo os sobade vos desfacéndoos.
  • Enfilmar moldes de aro de pastelaría só por unha cara e encher co aparello da torrada.
  • Cocer en forno a vapor (100ºC e 100% de humidade) durante 10/12 minutos.

Para o Sorbete
  • Mesturar os azucres ao Baño María, engadir a xelatina previamente remollada, unha vez disolta engadir os iogures, mesturar e deixar arrefriar.

Para a Marmelada de Amoras

  • Limpar ben as amoras
  • Triturar as amoras co batedor
  • Nun cazo, poñer as amoras e o azucre e cocer a lume suave
  • Remover de cando en vez
  • Cando empece a alcanzar a consistencia de marmelada desexada, retirar do lume (cando se arrefría a marmelada, vólvese máis espesa)
  • Introducir en tarros esterilizados e colocalos boca abaixo

ingredientes

Para a torrada

  • 5 dl leite
  • 100 gr azucre
  • 6 ud de xemas
  • 200 gr sobádevos


Para o sorbete

  • 500 gr iogur
  • 60 gr azucre
  • 65 gr glicosa
  • 30 gr azucre invertido
  • 2 gr xelatina


Para as froitas vermellas

  • 100 gr framboesa
  • 100 gr amoras
  • 300 gr amorodos


Terminación para a marmelada de amoras silvestre

  • 1 kg de amoras
  • 400 gr de azucre

<< retorno