Gastronomia de Galicia 

Empanada de zamburiñas

Elaboración

PARA A FARSA

Suar a cebola e o pemento cortados en brunoise no aceite, cando estean brandos, escorrer o exceso de aceite e refogar o tomate triturado, incorporar as zamburiñas perfectamente limpas (importante eliminar o conduto con area) e retirar do lume.

PARA A MASA DE LÁMINAS INDIVIDUAIS

Dunha nunha para evitar que se peguen ir fritindo as láminas de empanadilla en aceite de oliva ben quente, e ir escorrendo sobre papel absorbente.

TERMINACIÓN

Colocar no fondo do prato un pouco de rustrido e unha lámina de empanada frita (o rustrido é para que non se mova), unha boa cantidade de recheo e tapar con outra lámina. Espolvorear cun pouco de ceboliño ou perexil fresco finamente picado.

ingredientes (10 pers.)

PARA A FARSA

  • 750 gr Cebola
  • 250 gr Pemento vermello
  • 250 gr Tomate triturado
  • 1000 gr Zamburiña s/c
  • 10 dl. Aceite de oliva
  • c/s Sal fina


PARA A MASA

  • 20 uni (8 * 8 cm. aprox) Láminas de empanadilla

relacionados

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia:  Festa da Empanada de Bandeira· Terceiro sábado de agosto· Lg. Bandeira - Silleda (Pontevedra)

<< retorno