Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Berberechos, ñoquis de pataca en salsa verde

Manipulación e elaboración

PARA OS ÑOQUIS

  • Cocer a pataca con pel, pelar, pasar polo pasador de puré e amasar ese puré coas xemas, as especies e a fariña formando os ñoquis e mantelos conxelados.
  • Para o servizo cocer 150 gramos en caldo de verduras ou ave.

PARA A SALSA

  • Refogar en manteiga a chalota en brunoise, mollar co albariño, deixar que evapore, engadir o caldo e deixar cocer, ligar se fose necesario. Coar e botar dentro os ñoquis e os berberechos previamente escaldados e conservados ao baleiro con aceite e sen cuncha.
  • Espolvorear ao final de todo con perexil picado.

Presentación e conservación

  • En prato sopeiro os ñoquis debaixo e os berberechos colocados enriba.

 

ingredientes (10 pers.)

Berberechos, ñoquis de pataca en salsa verde

 

  • 1 kg berberechos

Para os ñoquis

  • 2000 gr pataca grande

  • 600 gr fariña de trigo

  • 100 gr xema de ovo

  • c/s sal, pementa, noz moscada

  • 3 sob. Sal fino, Pementa branca moída

Para a salsa

  • 250 gr manteiga

  • 200 gr chalota

  • 4 dl albariño

  • 10 dl caldo cocción berberechos

  • c/s sal, pementa negra moída

Terminación

  • 2 dl aceite virxe extra

  • 20 gr sal Maldón

  • 100 gr perexil picado

relacionados

<< retorno