Gastronomia de Galicia 

Peras ao Viño

Elaboración

  1. Poñer a cocer o viño coa auga, o azucre e o perfume.
  2. Pelar as peras, deixándoas enteiras e co rabo.
  3. Poñelas a cocer xunto cos demais ingredientes, a lume moi suave.
  4. Cocer durante 1 hora aproximadamente.
  5. Durante a cocción, engadir auga pouco a pouco se fixese falta.
  6. Deixar arrefriar as peras dentro do xugo de cocción.

Pódese utilizar esta receita con outras froitas, como os melocotóns e as ameixas.

Prato de autor do Centro Superior de Hostalería de Galicia

ingredientes (10 pers.)

Peras ao Viño

 

  • 10 unid. de peras fermosas, tipo Conferencia, Blanquilla, etc.
  • 3/4 litro de viño tinto
  • 1/4 litro de auga
  • 300 gramos de azucre
  • Ao gusto - perfume (canela e limón)

<< retorno