Gastronomia de Galicia 

Requeixo de Ás Neves en saquitos crocantes con porro

Elaboración

  • Para as bolsiñas:

Facer un bechamel seguindo a explicación clásica, fóra do lume desfacer o requeixo e engadir o porro rehogado cortado en medias lúas, deixar arrefriar en cámara tapada con papel filme a pel.

Cortar as follas de pasta cartón á metade, incorporar pequenas cantidades de recheo e formar as bolsiñas atándoas con tiras de porro branquexadas.

Manter tapadas en cámara. Fritir despois de secalas previamente no forno.

  • Para a crema de pataca:

Cocer a pataca en auga fría aromatizada con loureiro e casca de cebola. Triturar en thermomix co leite, poñer a punto de sal e pementa e emulsionar co aceite.

Manter ao baño maria tapado para que non faga codia.

  • Para a salsa de froitos vermellos:

Cocer a framboesa co mel ata obter un coulis, triturar e incorporar o fondo escuro, deixar que herba, coar, poñer a punto con salsa de soia.


Presentación e conservación

No fondo do prato poñer a crema e a salsa e sobre ela colocar ordenadamente as bolsiñas. Espolvorear ceboliño picado.

ingredientes (10 pers.)

  • Pasta cartón 20 unidades

  • Porro 1500 g

  • Fariña 110 g

  • Manteiga 110 g

  • Leite 10 + 1 dl

  • Requeixo de Ás Neves 400 g

  • Framboesa cg. 500 g

  • Mel 200 g

  • Fondo escuro 5 dl

  • Salsa soia 3 dl

  • Pataca 400 g

  • Aceite de oliva virxe 2 dl

  • Sal, pementa negra moída, noz moscada c/s 

festas

<< retorno