Gastronomia de Galicia 

Valdeorras

 

Denominación local: Valdeorras.


A Denominación de Orixe Valdeorras está situada no nordeste da provincia de Ourense, nos vales que forman os ríos Sil e Xares. Abrangue 2700 hectáreas de superficie de viñedo plantado e 1358 hectáreas de viñas en produción. Conta con 18 adegas produtoras.

O Consello Regulador deste viño creouse en 1977, e outorgáraselle a Denominación de Orixe en 1957.

As variedades de uvas desta denominación son:

a) Preferentes:

  • Brancas: Godello, Loureira, Treixadura, Dona Branca, Albariño, Torrontés e Lado.

  • Tintas: Mencía, Tempranillo (Araúxa), Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño tinto, Espadeiro e Ferrón.

b) Autorizadas:

  • Brancas: Palomino.

  • Tintas: Gran Negro, Garnacha tintureira e Mouratón.

 

Os viños máis característicos da Denominación de Orixe Valdeorras proceden das monovarietais Godello e Mencía.

Os viñedos alíñanse nas ladeiras das montañas que enmarcan os vales fluviais e no fondo deles, ocupando solos de lousa de moi boas condicións físicas e de fertilidade adecuada, en ocasións en pendentes pronunciadas, ocupando unha superficie dunhas 1500 ha.